Saltar ao contido

Eduardo Fajardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduardo Fajardo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Eduardo Martínez Fajardo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1924 Editar o valor en Wikidata
Meis, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xullo de 2019 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de televisión, actor de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeCarmelita González Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0265761 Allocine: 70847 Rottentomatoes: celebrity/edward_fajardo Allmovie: p22546 BNE: XX1293512 Editar o valor en Wikidata

Eduardo Martínez Fajardo, nado no Mosteiro (Meis) o 14 de agosto de 1924 e morto en México o 4 de xullo de 2019[1], foi un actor de cinema galego. Traballou en arredor de 160 filmes entre 1947 e 2002, salientando o seu importante rol dentro do Spaghetti Western.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De adolescente marchou a Santander a facer o Bacharelato. Entre 1942 e 1946 traballou como actor de dobraxe. Iniciouse no cinema en Héroes del 95 (Raúl Alfonso, 1947). Os seus primeiros papeis foron como actor secundario en filmes que acadaron certa sona no seu momento, como Locura de amor (Juan de Orduña, 1948), Balarrasa (José Antonio Nieves Conde, 1950) ou Alba de América (Juan de Orduña, 1951).

En 1953 trasladouse a México, onde compaxinou a participación no cinema con aparicións televisivas. Regresou a España e retomou a carreira cinematográfica, cunha frenética actividade que o levou a participar até nunha media de quince títulos anuais, abundando os papeis de vilán en Spaghetti Westerns.

Na súa etapa final compaxinou o cinema e a dobraxe con aparicións televisivas en series como La Barraca (1979), Os gozos e as sombras (1982) ou Tristeza de amor (1986).

Participou tamén en obras de teatro, pasando da actuación (Candida, 1985) á dirección co proxecto Teatro sin barreras para persoas con discapacidade, do que é responsable desde 2002.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Don Quijote de la Mancha (1947).
  • La dama de armiño (1947).
  • Locura de amor (1948).
  • Agustina de Aragón (1950).
  • Balarrasa (1951).
  • La leona de Castilla (1951).
  • Alba de América (1951).
  • Orgullo de mujer (1955).
  • Escuela de rateros (1956).
  • Macario (1960).
  • Ánimas Trujano (1961)).
  • El séptimo de caballería (1965).
  • La ciudad no es para mí (1966).
  • Winchester, uno entre mil (1968).
  • El taxi de los conflictos (1969).
  • Salario para matar (1971).
  • No es bueno que el hombre esté solo (1973).
  • El último viaje (1974).
  • Los cuatro mosqueteros (1974).
  • Polvos mágicos (1979).
  • Esto es un atraco (1987).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]